PrestoCast

Your voice, your podcast

Acceder Telegram WhatsApp iOS Android
Send a voice note
From Telegram, WhatsApp or the web.
It becomes a podcast
With an RSS feed ready to distribute.
Listen anywhere
From Apple Podcasts, Spotify or any app.

Learn more about PrestoCast

Conxecturas by José Antonio Martínez

José Antonio M… PRO

@joseantonio
121 episodes · 40 followers · 100 following

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.

Redondela

José Antonio M… PRO

@joseantonio
121 episodes · 40 followers · 100 following
Redondela

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.

100. O último, parvo!

2026-07-13

Description

This is episode 101 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on July 13, 2026.

Transcript

Luns, 13 de xullo. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Viaxemos á Francia de 1790. Dise que Maximilien Robespierre propuxo o lema "Liberdade, Igualdade, Fraternidade". Á liberdade e á igualdade, principios ilustrados centrais nas ideas da Francia revolucionaria, e do resto das futuras revolucións liberais, uniulle o concepto de Fraternidade, xa que esta, entendida como a solidariedade e a unión do pobo, era a terceira pata, imprescindible, para o triunfo dos ideais revolucionarios. Pode que te pareza un lema desfasado, mais hoxe pensei nel. Grazas á Ilustración e ao liberalismo, podemos hoxe exercer a nosa liberdade e reclamar a nosa igualdade ante a lei. Coñecemos ben os nosos dereitos e buscamos que se respecten. Mais algo non funciona se non atendemos á fraternidade, ou sororidade, á busca do ben común, a defender os dereitos dos outros, como o facemos cos nosos. Non sei se Robespierre xa intuía que non ter presente o ben común convertía os ideais ilustrados no berro tan común dos xogos infantís, "O último, parvo!". Hai quen tenta impor os seus dereitos sobre os demais. Xa se sabe, quen parte e reparte, leva a mellor parte!
Conxecturas · Episode 101

Comments (0)

No comments yet. Be the first!
Explorar