Alégraste cando podes unir dúas paixóns nun minuto?
Venres, 4 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
O meu presto recomendado desta semana é Prólogo. Xa van 78 episodios que nos traen opinións literarias, que te xeneran curiosidade nun minuto. E quen o presenta? Pois aquí outra curiosidade máis, non sei se pola premura do minuto, mais aínda non o descubrimos. Cousas dos prestos!
A min paréceme dificilísmo isto de comentar e valorar unha obra literaria, e máis nun minuto. Aínda que a maioría dos libros non os lin, encántame escoitar a súa opinión e agardo a súa valoración global, na que outorga de 1 a 5 bolis.
Acabo de ler "Comerás flores", de Lucía Solla, e non sería quen de condensar as miñas opinións nun presto. 5 Bolis, a Prólogo e a Comerás flores.